anastasiano -na
anastasiano -na
(
-
adx
Relativo ou pertencente ás personaxes de nome Anastasio.
-
lei anastasiana
[DER]
Denominación xenérica aplicada a dúas constitucións, a primeira decretada polo Emperador Anastasio I (491-518) e, a outra, polo Emperador Xustiniano (527-566) que é complemento da anterior, cun texto do epítome grego chamado Basílicas. Limitaba os dereitos dos cesionarios de accións ou créditos adquiridos por un prezo concreto e reducía o importe a reclamar do debedor da cantidade realmente satisfeita pola transmisión.