aniversario

aniversario

(

  1. s m

    Día no que se cumpren un ou varios anos dalgún feito ou acontecemento memorable.

    Ex: Mañá celebrarase o aniversario do descubrimento de América.

  2. s m

    Día que se sinala como importante e que marca un período de tempo na vida dunha persoa.

    Ex: O día dez de outubro será o aniversario de voda deses coñecidos.

  3. s m [RELIX]

    Oficio ou misa que se celebra en sufraxio da alma dalgún defunto o día que cumpre un ou varios anos da súa morte.

    Sinónimos: cabodano.
  4. s m [DER]

    Lote de bens que o testador deixa sinalados para que anualmente e en datas determinadas se celebren exequias pola súa alma.

Formas incorrectas

cumpreanos

Palabras veciñas

anisótropo -pa | anisóxino -na | anite | aniversario | Anjō | Anjou | Anjou, condado de