antagónico -ca

antagónico -ca

(< gr ἀνταγονικός‘o que loita contra alguén’)

  1. adx

    Que denota ou implica antagonismo.

    Ex: Protagonizaban o filme unha chea de personaxes antagónicos.

  2. alucinación antagónica [PAT]

    Alucinación auditiva verbal na que algunhas voces se opoñen a outras: unhas insultan ao suxeito, mentres que outras o animan. Obsérvase na psicose alucinatoria crónica.

Palabras veciñas

Anta, Coto de | Anta, Manuel | Anta, Martín de | antagónico -ca | antagonismo | antagonista | Antaio