antagónico -ca
antagónico -ca
(< gr ἀνταγονικός‘o que loita contra alguén’)
-
adx
Que denota ou implica antagonismo.
Ex: Protagonizaban o filme unha chea de personaxes antagónicos.
-
alucinación antagónica
[PAT]
Alucinación auditiva verbal na que algunhas voces se opoñen a outras: unhas insultan ao suxeito, mentres que outras o animan. Obsérvase na psicose alucinatoria crónica.