antagonista
antagonista
(< lat antagonista < gr ἀνταγωνιστής ‘o que loita contra alguén’)
-
adx e s
Que se atopa en loita, en oposición a outro.
Confrontacións: rival. -
adx
[FISIOL]
Que presenta antagonismo.
-
s
m
[FISIOL]
Composto natural ou sintético que interfire a síntese ou a función dunha substancia por un mecanismo de competencia. Na cinética enzimática recibe tamén o nome de antimetabolito.
-
s
[LIT/IMAX]
Personaxe que nunha obra de fición, tanto na literatura como no cine, se opón á figura do protagonista.
-
resorte antagonista
[ETNO]
Resorte de retorno.