antagonismo

antagonismo

(< gr ἀνταγώνισμα‘emulación’)

  1. s m

    Estado de loita, de rivalidaden e de oposición.

    Ex: O antagonismo deses partidos políticos obsérvase no seu programa.

  2. s m [ECOL]

    Inhibición ou interferencia dun organismo no crecemento doutro. O antagonismo pode ser por antibiose, por parasitismo ou por depredación e por competencia.

  3. s m [FISIOL]

    Acción oposta de substancias, órganos ou sistemas do organismo como, por exemplo, o bíceps respecto do tríceps.

  4. s m [FISIOL]

    Na absorción selectiva das substancias disoltas do solo por parte das raíces, acción negativa dos ións dun elemento sobre a absorción do outro, por exemplo, a obstaculización da absorción dos ións potasio por parte dos ións calcio, cando abundan.

  5. s m [MED]

    Acción ou efectos dun medicamento opostos aos doutro. Iso pode estar motivado, ou ben por reacción química entre eles, ou ben polo feito de que actúan de forma oposta sobre un mesmo substrato orgánico.

  6. antagonismo iónico [BIOQ]

    Inhibición ou interferencia mutua entre dous ións diferentes en todo o que fai referencia á súa acción biolóxica.