antártico -ca
antártico -ca
(< lat antarctĭcu
-
adx
Relativo ou pertencente á Antártida.
Sinónimos: austral. Antónimos: boreal. Confrontacións: meridional, sur. -
círculo polar antártico
Paralelo situado 23° 28’ do Polo Sur.
-
reino antártico
[BOT/XEOG]
Reino fitoxeográfico que comprende as illas oceánicas austrais desprovistas de vexetación arbórea (Kerguelen, Tristán da Cunha e outras), o extremo meridional de América, a alta montaña andina e o continente antártico. Presenta unha flora moi pobre, mesmo en comparación coas terras árticas, con especies polo xeral endémicas, agás algúns xéneros que se estenden ata Nova Celandia e o SL de Australia.