Antena 3 Radio

Antena 3 Radio
[COMUN]

Cadea privada de radio de cobertura e programación estatal pertencente ao mesmo grupo de Radio 80. Antena 3 englobaba as emisoras do grupo que se ocupaban da información convencional. O Grupo Prisa mercouna en xullo de 1992, e integrouna na Cadea SER e na Cadea DIAL, mantendo moitas frecuencias como Radio 80 alí onde a SER xa tiña cobertura. Parte da súa estrutura en Galicia, que pertencía ao Grupo Voz e emitía asociada a Antena 3, foi o xermolo, xunto con Radio Noroeste, de Radio Voz.

Palabras veciñas

1 antena | 2 antena | Antena | Antena 3 Radio | Antena 3 Televisión | antenado -da | anteneandertalense