Antioquía, Principado de

Antioquía, Principado de

Estado latino fundado no 1098, a raíz da Primeira Cruzada, por Boemundo I, príncipe de Tarento. A súa obra foi completada e consolidada polo seu neto Tancredo. O Principado estendíase ao longo duns 200 km de costa, dende o norte de Alexandreta ata o sur de Bâniyâs; ao sueste incluía Apames e Maaret en Naamân e, a certa distancia de Alepo, alcanzaba os límites do condado de Edesa. Independente de dereito, aceptou someterse a Bizancio en vasalaxe. Saladino (morto no 1193) apoderouse da maior parte do seu territorio. A súa existencia rematou con Baybars, quen se apoderou da cidade de Antioquía no 1268, en tempos de Boemundo VI.

Palabras veciñas

Antioquía | Antioquía | Antioquía, Patriarcado de | Antioquía, Principado de | antiosíxeno | antioxidante | antiozonante