antipalúdico -ca
antipalúdico -ca
(< anti- + palúdico)
-
adx
Que evita ou combate o paludismo ou a malaria.
-
s
m
[MED]
Medicamento ou axente que combate o paludismo. O tratamento inclúe dous tipos de fármacos: os esquizonticidas sanguíneos, que actúan sobre o parasito no interior dos eritrocitos, e os esquizonticidas hísticos, que destrúen o parasito no interior dos tecidos.