antipánico

antipánico

(

adx [TECNOL]

Relativo aos dispositivos instalados nas portas de emerxencia dos locais públicos que, ao ser empurradas pola multitude amoreada diante da saída nun momento de pánico, descravan a tranca e permiten que as portas se abran totalmente cara a fóra. Xeralmente constan dunha barra atravesada a media altura diante da porta, que ao ser empurrada bascula sobre os seus extremos e acciona o mecanismo de apertura.