Antoíño
Antoíño
[ONOM]
Nome procedente do latín Antoninus, derivado de Antonius. Á dinastía romana dos Antoninos (96-192) pertenceron os emperadores Nerva, Traxano, Adriano, Antonino, Pío, Marco Aurelio e Cómodo; durante o seu goberno, traballouse dabondo na creación e reparación das vías romanas da Gallaecia. Santo Antoíño é titular dunha parroquia e patrón do concello de Toques, onde se celebra a súa festividade o día 2 de setembro. Entre as variantes deste nome atópanse Antuíño e Antuín; nas falas astur-galegas tamén se atesta a forma Antolín. Na tradición oral recóllense cantigas tales como: “Santo Antoíño / aparecede vós / que o desmo das fabas / pagámolo nós”.