Antoíño, santo
Antoíño, santo
Son escasos e algo confusos os datos que fan referencia a este santo. Unhas fontes lígano á cidade occitana de Pamiers ao identificalo co fillo dun príncipe galo, discípulo de san Denís, evanxelizador da Galia Narbonense e primeiro bispo de Pamiers. Outra tradición relata que no s XII o conde Roger II de Foix, quen loitara nas cruzadas na cidade siria de Apamia, trouxo de alá as reliquias dun mártir chamado Antonino e logo fundou na Occitania unha vila que bautizou tamén como Apamia (hoxe Pamiers), depositando alí as reliquias do mártir que acabou por se converter en santo local. Por último, hai tamén quen o identifica con santo Antonino.