anuro -ra

anuro -ra

(

  1. adx [ZOOL]

    Que non ten cola.

    1. adx

      Que pertence á orde dos anuros.

    2. s m [ANIMAL]

      Anfibio da orde dos anuros.

    3. s m pl [ANIMAL]

      Orde de anfibios integrada por unhas 2.000 especies de animais relativamente ben adaptados á vida terrestre, saltadores e carentes de cola en estado adulto. Teñen unha columna vertebral curta, e as extremidades posteriores bastante longas en disposición parasaxital, adaptadas ao salto. A pel é lisa ou verrugosa, e algúns anuros teñen glándulas velenosas. Os ollos, redondos e saídos, teñen unha membrana transparente que fai de terceira pálpebra. A miúdo carecen de dentes e a maioría posúen unha lingua protáctil que empregan para cazar insectos. A maioría levan unha vida predominantemente terrestre e respiran por pulmóns ou cutaneamente; aínda que na fase larval, cabezolo ou cágado, todos son acuáticos e respiran fundamentalmente por branquias. De distribución mundial, viven á beira de lagoas, estanques, ríos, etc, agás nas zonas sumamente frías ou desérticas. En Galicia están presentes 5 familias das 21 que integran esta orde: discoglósidos, pelobátidos, hílidos, bufónidos e ránidos.

Palabras veciñas

anuncio | Anurādhapura | anuria | anuro -ra | Anvarī | Anveres | Anveres