anuncio
(< lat annuntiu)
-
s
m
Acción e efecto de anunciar.
Antónimos: omisión. Confrontacións: comunicación, noticia, notificación. -
[COMUN]
-
s
m
Comunicación elaborada con textos, imaxes ou sons dirixida a un público concreto e divulgada a través dun medio publicitario co obxectivo de persuadir ou informar sobre a existencia das calidades dun produto ou servicio. A difusión dun anuncio realízase a través de medios masivos como a televisión, radio, diarios, revistas, cine ou Internet. A variedade de formatos dos anuncios en prensa é a seguinte: dobre páxina, unha páxina, pé de páxina, media páxina (horizontal ou vertical), dobre media páxina, robapáxina, módulos, especiais ou encartes. A variedade de formatos televisivos son o espot ou comercial de televisión, patrocinio ou esponsorización, publicidade estática, as sobreimpresións, publirreportaxes, telepromoción e televenta, produt placement e bartering. O formato máis estendido en radio é a cuña publicitaria.
Ex: Durante o nadal emiten máis anuncios na televisión.
Sinónimos: publicidade, propaganda, reclamo. -
s
m
Inserción publicitaria que se fai na prensa.
-
anuncio por palabras
Anuncio consistente nun texto breve, xeralmente con abreviaturas e de estilo telegráfico, publicado nunha sección específica (onde estes anuncios se clasifican por temas) en gran parte da prensa diaria.
-
s
m