apócrifo -fa
(< lat apocryphus < gr ἀπόκρυϕος‘escondido, oculto, secreto’, de ἀποκρύπτω‘ocultar’)
-
adx
Non auténtico, finxido ou do que se dubida sobre a súa autenticidade.
Ex: Texto apócrifo. Escritor apócrifo.
-
s
m
Documento, texto ou libro sobre o que se dubida en canto á súa atribución, procedencia, data e, en xeral, sobre a súa realidade.
Ex: Conseguín ver na mostra o apócrifo do que me falabas.
-
s
m
[LIT/RELIX]
Cada un dos libros relixiosos que non se consideran canónicos. Os católicos chaman ‘apócrifos’ aos escritos que se parecen aos canónicos polo seu tema ou pola súa atribución a un autor inspirado. Os protestantes chámanos pseudoepigráficos, considerando apócrifos os libros do Antigo Testamento que só se conservan en versión grega e faltan no canon xudeu do s I: os libros de Tobías, de Xudit, da Sabedoría, o Eclesiástico, o de Baruc, Macabeos I e II e algúns capítulos dos de Ester e de Daniel; estes libros, denominados deuterocanónicos polos católicos, pasaron a facer parte do seu canon.