apocrino -na

apocrino -na

(< gr ἀποκρίνω‘separar’)

  1. adx [BIOL]

    Dise de todo tipo de secreción glandular na que os produtos segregados se concentran nun extremo libre da célula e se eliminan xuntamente cunha porción de citoplasma da célula secretora, como na glándula mamaria.

  2. glándula apocrina [BIOL]

    Nome xenérico que designa unha glándula sudorípara que verte a súa secreción nun folículo piloso ou nun orificio pilosebáceo.

Palabras veciñas

apocopar | apócope | apócrifo -fa | apocrino -na | apocrisiario | apocromático -ca | apodema