apolo

apolo

(

Nome científico: [Parnassiusapollo, Fam dos papiliónidos]
s m [ANIMAL/ENTOM]

Bolboreta diurna de ás arredondadas, cos extremos translúcidos, de cor branca con pintas negras e dous ocelos vermellos en cada á posterior. A larva, negra salferida de amarelo, aliméntase de boubíns e inverna agochada no chan. Propia de ambientes alpinos do hemisferio norte, aparece en Galicia en ladeiras frescas e pedregosas das serras orientais.