aposto -ta
aposto -ta
(< apoñer)
-
p irreg
de apor ou aporse.
-
adx
Que posúe boa presenza física, é ben feito de corpo e se comporta de xeito grato.
Ex: Atendeunos no comercio unha muller aposta que nos explicou polo miúdo a calidade do produto.
Sinónimos: baril, xentil. -
adx
[AGR]
Dise do animal xunguido ao carro ou ao arado.
-
adx
[DER]
Persoa sobre a que cae unha imputación porque se lle atribúe unha culpa ou delito.