apostólico -ca

apostólico -ca

(< apóstolo)

  1. Relativo ou pertencente aos apóstolos, de acordo coas súas doutrinas e coa súa tradición.

    Ex: Os apóstolos realizaron un gran labor apostólico.

  2. Relativo ou pertencente ao Papa.

    Ex: Durante a santa misa recibiu a bendición apostólica.

  3. adx e s [RELIX]

    Nome co que se designaban a si mesmos os seguidores dalgunhas sectas e congregacións que pretendían imitar a vida dos Apóstolos. Entre elas contaron diversas comunidades gnósticas dos ss II-IV, a secta fundada en Parma por Xerardo Segarelli no s XIII e algúns anabaptistas do s XVI.

  4. Partido Apostólico [HIST/POLÍT]

    Partido que se formou en España tralo levantamento liberal de 1820. Os apostólicos representaban a facción máis reaccionaria dos absolutistas, que se separaron de Fernando VII, por consideralo liberal e provocaron, en 1827, a Revolta dos agraviados, agrupándose ao redor do infante Carlos Mª Isidro, a quen apoiaron ao constituír a base do partido carlista.

Palabras veciñas

aposto -ta | apostolado | apostolicidade | apostólico -ca | apóstolo | Apóstolo dos Xentís | 1 apostrofar