apostolado

apostolado

(< lat apostolatu)

  1. [RELIX]
    1. s m

      Conxunto de apóstolos.

    2. s m

      Calidade de apóstolo.

    3. s m

      Misión ou oficio do apóstolo.

    4. s m

      Acción de evanxelizar ou de instruír na fe que os cristiáns exercen en virtude da misión que, segundo os evanxeos, Cristo encomendou aos apóstolos.

    5. apostolado leigo

      Participación dos leigos na evanxelización. A progresiva restauración do senso do leigado é unha das características da evolución da Igrexa Católica contemporánea. No 1951 celebrouse en Roma o Primeiro Congreso Mundial do Apostolado Leigo.

  2. s m

    Propaganda dunha causa ou doutrina.

Palabras veciñas

apostila | apostilb | aposto -ta | apostolado | apostolicidade | apostólico -ca | apóstolo