Aquisgrán, Tratado de

Aquisgrán, Tratado de

Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 2 de maio de 1668 entre Francia e España despois da Guerra de Devolución francesa (1667-1668). Seguindo os consellos do ministro de Asuntos Exteriores francés, Hugo de Lionne, e baixo a presión da Tripla Alianza, da Haia, Francia devolvía o Franco Condado a España, que pola súa parte cedía a Francia as prazas fortes de Furnes, Bergues, Armentières, Menin, Lille, Douai, Courtrai, Audenarde, Tournai, Ath, Binche e Charleroi. O tratado foi ratificado en Madrid por Mariana de Austria, rexente na minoría de Carlos II.