3 ara

3 ara
  1. s f [PLANTA]

    Plantas da familia das ninfeáceas, herbáceas acuáticas perennes, cun forte rizoma que permanece enterrado nos fondos lamacentos do que saen as follas aboiantes ou parcialmente emerxidas e circulares de ata 30 cm. Presenta flores brancas, amarelas ou rosas, illadas e con numerosos estames.

    Sinónimos: nenúfar.
  2. ara amarela [PLANTA]

    Ara de flores amarelas de 4 a 6 cm de diámetro, de 5 ou 6 sépalos amarelos cóncavos, 20 pétalos menores e máis estreitos, e estames numerosos e apertados. Propia de cursos lentos ou augas estancadas de ata 3 m de fondura. Aparece na Galicia oriental en sistemas turbosos montañosos.

  3. ara branca [PLANTA]

    Ara de flores brancas de 10 a 20 cm de diámetro, de máis de 20 pétalos. Especie de cursos lentos e lagoas de menos de 2 m de fondura de toda Europa. Tamén empregada en xardíns para adornar os estanques.

Formas incorrectas

coucelo, couchelo

Palabras veciñas

Ar! | 1 ara | 2 ara | 3 ara | Ara | Ara | Ara