Ara Pacis Augustae
Ara Pacis Augustae
Altar da paz de Augusto que foi mandado construír polo Senado romano para conmemorar a paz instaurada por Octavio Augusto logo da Batalla de Accium. Erixido no campo de Marte (Roma), entre os anos 13 e 9 a C, foi reconstruído preto da súa localización orixinal. Está concibido como un espazo de planta case cadrada (10,50 m por 11,50 m), a ceo aberto, que rodea unha ara situada no centro. As paredes, tanto a exterior como a interior, teñen relevos nos que se realiza unha auténtica glorificación da familia de Augusto e da sociedade romana.