aragonita
aragonita
(< topónimo Molina de Aragón)
s
f
[MINERAL]
Mineral diforme da calcita. Cristaliza no sistema rómbico. Preséntase en formas pseudohexagonais, prismáticas ou tabulares por macla de repetición ou en maclas múltiples xustapostas ou entrecruzadas, de diversas formas. É incoloro, branco ou de cores morada ou castaña. Por riba dos 400° C transfórmase en calcita. Opticamente é biaxial negativo e de forte birrefrixencia. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 2,94-2,95. É un dos elementos constitutivos das estruturas estalagmíticas e estalactíticas. Aparece tamén en cavidades basálticas, en xesos e arxilas, nas perlas e nas capas nacaradas de cunchas de moluscos. Recibe o nome da localidade de Molina de Aragón, onde é abundante.