Aragua
Aragua
Estado federado de Venezuela (7.014 km2; 1.335.303 h [estim 1995]). Pódense distinguir catro rexións fisiográficas: a serra da costa; a depresión central, onde se sitúan os principais centros industriais; a serra do interior e a rexión dos Llanos. Os ríos máis importantes son o Tuy e o Guarico. A capital é Maracay.