arbitrismo
arbitrismo
(< arbitri(o)
s
m
[HIST/ECON]
Corrente de pensamento político-económico, xurdida na Castela de finais do s XV, e que tivo vixencia ata principios do s XVIII. Propoñía unhas medidas sinxelas e únicas para superar etapas de decadencia económica. Os proxectos foron moi abundantes durante a gran crise económica castelá de 1598-1620, que se transformou en crise europea, e mantiveron un certo realismo en canto á demografía, produción e traballo. Desde 1626 o arbitrismo foi adquirindo un cariz místico e utópico. Entre os arbitristas cómpre salientar os nomes de González de Cellorigo, Valle y de la Cerda, Álvarez Osorio e Arrieta.