árbitro -tra
árbitro -tra
(< lat arbĭtru)
-
s
Persoa que ten poder para decicir un asunto en litixio.
Ex: Ás veces teño sido árbitro nas súas discusións domésticas.
-
s
Definidor, que dá a pauta, que dita a lei nalgunha materia.
Ex: Petronio foi nomeado o árbitro das elegancias.
-
s
Persoa que pode obrar por ela mesma con absoluta independencia.
Ex: Eu son árbitro dos meus propios actos.
-
s
[DEP]
Nas competicións deportivas, persoa encargada de interpretar as regras do xogo, de velar polo seu cumprimento sancionando os que as transgridan e, nos casos dubidosos, de decidir o gañador e o perdedor.
Ex: O árbitro da pelexa deu por gañador o rival do español.
-
s
[DER]
Persoa ou persoas designadas para resolver un conflito sometido á arbitraxe.