Arcediano, ponte do

Arcediano, ponte do

Ponte sobre o río Ulla, pola marxe dereita pertence á parroquia de Arcediago, no concello de Santiso e, pola marxe esquerda, á parroquia de Berredo, no concello de Agolada. Trátase dunha ponte con tres vans de sillería do século XIX con arcos rebaixados. Está situada no trazado da estrada C-540 de Betanzos a Agolada.

Palabras veciñas

arcediago | Arcediago | Arcediago de Toro | Arcediano, ponte do | Arcela | Arcelas | Arcella