area
(< lat arēna)
-
s
f
Partícula de rocha ou dunha determinada materia.
Ex: Non lle botes máis ca unhas areas de tintura á pintura.
-
s
f
Extensión areosa chaira á beira do mar ou dun río.
Ex: Fomos á area para xogar un partido de fútbol cos amigos.
Sinónimos: praia. -
[XEOL]
-
s
f
Rocha sedimentaria e detrítica. Procede da sedimentación resultante da meteorización doutras rochas. Está constituída por rocha solta, de elementos principalmente silíceos, depositados polas augas na ribeira ou no fondo do mar, dos ríos ou dos lagos, ou acumulados tamén polo vento en forma de dunas. Os seus grans teñen un tamaño comprendido entre 0,02 e 2 mm, que corresponden ás fraccións de area grosa e de area fina.
-
area volcánica
Depósito formado por materiais soltos, esmigallados ou pulverizados, que deixan algunhas erupcións; tamén se presenta nas costas continentais e nas costas das illas oceánicas volcánicas.
-
areas movedizas
Pequenas partículas desprazadas polo vento no deserto ou na beira do mar, ou referido a aquelas de zonas húmidas, nas que os animais e as persoas corren o perigo de afundirse.
-
s
f
-
s
f
[ESCR]
Pos que os homes tiraban sobre os escritos para secalos.
-
s
f
[PAT]
Pequenos cálculos eliminados polos ouriños na litiase renal.
-
[CONSTR]
-
area asfalto
Mestura preparada in situ con area e betún asfáltico líquido, á que se lle engade un filler.
-
area escoura
Mestura de area e auga cun activador que contén escoura de alto forno.
-
area asfalto
-
area asfáltica
[XEOL]
Area impregnada de hidrocarburos pesados e aceites minerais que poden servir como materia prima para a obtención de combustibles.
-
area de moldear
[IND]
Mestura de area, arxila e outros ingredientes cos que se fan os moldes chamados, precisamente, moldes de area. Os moldes de area verde empréganse sen deixalos secar; os de area de estufa teñen que secar previamente.
Frases feitas
-
Andar coa area no zoco. Estar desconfiado.
-
(Ter cousas) coma area(s). Ter unha cantidade abundante de algunha cousa.
-
Bolsa da area. Moega.
-
Contar as areas do mar. Pretender algo imposible; ser un labor inútil.
-
Escribir na area. Facer proposicións, tomar resolucións vans de curta duración.
-
Fabricar/sementar na area. Facer cousas sen consistencia que non poden perdurar.
-
Sembrar/ labrar na area. Facer un traballo inútil, infrutuoso.
-
Ter a area de sal. Estar inquieto.
-
Ter media area. Estar bébedo."