areca

areca

(< malaio adeka)

Nome científico: [Areca catechu, Fam dasarecáceas]
s f [PLANTA]

Pequena palmeira orixinaria de Indonesia, de tronco delgado, coroado cunha roseta de follas grandes. Os froitos en drupa conteñen unha soa semente alongada, a noz de areca, rica en taninos e graxas, que se emprega como condimento. As xemas son comestibles e a cortiza aprovéitase para elaborar cordas.