arecáceo -a
arecáceo -a
(< areca)
-
adx
Relativo ou pertencente ás arecáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das arecáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Única familia da orde das arecais constituída por árbores perennifolias de tronco longo, esvelto e columnar, xeralmente simple e de follas robustas pinnatisectas ou palmatisectas, cun longo pecíolo, agrupadas nunha roseta terminal. As flores son polo xeral unisexuais e actinomorfas, de xineceo súpero tricarpelar, ordinariamente anemófilas, e os froitos son baias ou en drupas, con sementes de endosperma abundante. A ela pertencen as palmeiras, o coco, a datileira e a areca, orixinarias das rexións cálidas.