Arianespace
Arianespace
Sociedade anónima francesa, creada en 1980, constituída por un conxunto de trinta e oito industrias aeronáuticas europeas, polo Centre National d’Etudes Spatiales francés (que retivo o 59%) e por un grupo de trece bancos. O seu obxectivo é o financiamento, a comercialización e o lanzamento do foguete Ariane, aínda que a European Space Agency conserva a responsabilidade sobre o Ariane-5.