armamento
(< lat armamentu)
-
s
m
Acción e efecto de armar ou de armarse.
Ex: Empregaron o armamento contra o invasor logo de fracasar as negociacións.
Antónimos: desarmamento. -
s
m
[BÉL]
-
Conxunto de armas e municións a disposición dun exército, dun corpo armado, dun individuo, dun barco, etc.
-
Conxunto de todo o que constitúe a potencia militar dun estado (armas e municións, barcos, avións, bases militares, industrias de armamento, etc).
-
-
s
m
[MAR]
-
Acción de armar barcos.
-
Fase final da construción dun barco, comprendida entre a botadura e a entrega aos propietarios.
-
Conxunto de efectos que teñen por finalidade armar barcos.
-
-
s
m
[TRANSP]
Conxunto dos medios mecánicos dos que dispoñen os portos para facilitar as operacións de carga e descarga dos barcos.
-
carreira de armamentos
[BÉL/POLÍT]
Acumulación competitiva de armamentos entre dous ou máis estados con finalidade disuasiva. Pódese falar de carreira armamentística xa desde a Primeira Guerra Mundial, pero desenvolveuse propiamente a partir da Segunda Guerra Mundial, agudizado pola produción de grandes avances tecnolóxicos (radar, mísiles, armas nucleares) e motivado pola acumulación dunha gran cantidade de armamento. Durante a Guerra Fría, coa creación dos dous bloques militares, a carreira de armamentos continuou, estimulada polos constantes progresos científicos e polo comercio de armas (industria do armamento); a principios do século XXI diríxese principalmente aos países do Terceiro Mundo. Para os países que exportan material bélico, este comercio cumpre diversos obxectivos: facer rendible o sector da produción de armamento; experimentar novos tipos de armamento e tecnoloxías en territorios de conflito situados no Terceiro Mundo; aumentar os beneficios do complexo militar-industrial dos países vencedores, mediante a venda de material complexo, de difícil utilización e de prezos elevados; e influír politicamente nos países destinatarios do armamento, xa que se establecen uns lazos de dependencia tecnolóxica, de asistencia militar e de axuda económica entre o comprador e o vendedor.
-
industria do armamento
[BÉL/ECON]
Conxunto de sectores industriais creados polo aumento absoluto ou relativo dos mandos militares dos estados, sobre todo a partir da Segunda Guerra Mundial. A súa dimensión soe ser proporcional ao nivel de gastos militares cando se trata dos países máis desenvolvidos. Nalgúns destes países adquiriu unha influencia tan grande no mundo da organización económica, que se lles chama complexos militares-industriais. Isto é válido especialmente nos EE UU, onde as vinte primeiras empresas deste complexo dan traballo a dous millóns de persoas. Estas empresas pertencen, maioritariamente, aos sectores da aeronáutica e da electrónica, industrias vangardistas que constituíron o fundamento da industria do armamento en calquera parte do mundo.