Arquímedes, postulado de
Arquímedes, postulado de
[MAT]
Proposición segundo a que se collen dous elementos calquera, α e β, dun conxunto que teña estrutura de semigrupo ordenado, existe un número enteiro n tal que nα ³ β, é dicir, hai múltiplos do pequeno maiores ca o grande. Os conxuntos nos que se verifica esta proposición denomínanse conxuntos arquimedianos.