Arquímedes, principio de

Arquímedes, principio de
[FÍS]

Un dos principios fundamentais da estática de fluídos, polo que un corpo somerxido nun fluído é afectado por unha forza ascensional (impulso de Arquímedes) aplicada ao metacentro igual ao peso do fluído desaloxado. Se se supón que o corpo e o líquido son homoxéneos e de pesos específicos γ1 e γ2, chámaselle P ao peso do corpo, e F á forza ascensional, cúmprese que P = Vγ1 e F =Vγ2, onde V é o volume do corpo. Se P > F, o corpo afúndese. Se P = F, o corpo nada entre dúas augas, e se P < F, o corpo flota. En todos os casos o peso do corpo medido dentro do fluído é P - F.