arrancada

arrancada

(< arrancar)

  1. s f

    Posta en marcha dun vehículo, xeralmente brusca.

    Ex: Facía unhas arrancadas moi violentas, víase que era novato.

    Sinónimos: arrincada.
  2. s f

    Labor agrícola que consiste en arrancar o liño da terra cando está cumprido.

    Ex: O liño está cumprido, vén o tempo da arrancada.

    Sinónimos: arranca, arriga, arrincada.
  3. s f

    Idea ou dito ocorrente e repentino.

    Ex: Ten unhas arrancadas moi de seu.

    Sinónimos: arranque, saída.
  4. s f

    Acción ou movemento brusco que se produce de súpeto.

    Ex: Marchou dunha arrancada sen dicir nada.

    Sinónimos: arranque, arrincada.

Palabras veciñas

arrañador -ra | arrañar | arranca | arrancada | arrancadeira | arrancado -da | arrancador -ra