arranque

arranque

(

  1. s m

    Acción e efecto de arrancar.

    Sinónimos: arrinque.
  2. s m

    Punto ou circunstancia onde comeza unha acción.

    Ex: O arranque do seu enfado foron os celos.

    Sinónimos: arrinque.
  3. s m

    Posta en marcha dun vehículo ou dunha máquina.

    Ex: A túa moto fai moito ruído no arranque.

    Sinónimos: arrinque.
  4. s m

    Axitación violenta do ánimo con perda de control sobre os propios actos.

    Ex: O seu arranque de ira abraiounos a todos.

    Sinónimos: arrancada, arrebato, arrincada, arrinque.
  5. s m

    Motor de arranque dun vehículo ou máquina.

    Ex: Avariouse o arranque do coche.

    Sinónimos: arrinque.
  6. s m

    Idea ou dito enxeñoso e repentino.

    Ex: Os seus arranques eran moi orixinais.

    Sinónimos: arrancada, arrinque, ocorrencia, saída.
  7. s m

    Decisión ou enerxía para facer algo.

    Ex: Temos arranque para iso e moito máis.

    Sinónimos: arrinque.
  8. s m [INFORM]

    Posta en funcionamento dun sistema operativo, coa carga de extensións e paneis de control.

    Sinónimos: arrinque.

Palabras veciñas

arrandeadoiro | arrandear | arrandeo | arranque | arranxable | arranxar | arranxo