arrancada
arrancada
(< arrancar)
-
s
f
Posta en marcha dun vehículo, xeralmente brusca.
Ex: Facía unhas arrancadas moi violentas, víase que era novato.
Sinónimos: arrincada. -
s
f
Labor agrícola que consiste en arrancar o liño da terra cando está cumprido.
Ex: O liño está cumprido, vén o tempo da arrancada.
Sinónimos: arranca, arriga, arrincada. -
s
f
Idea ou dito ocorrente e repentino.
Ex: Ten unhas arrancadas moi de seu.
Sinónimos: arranque, saída. -
s
f
Acción ou movemento brusco que se produce de súpeto.
Ex: Marchou dunha arrancada sen dicir nada.
Sinónimos: arranque, arrincada.