Arriba, torre da
Arriba, torre da
Construción situada en Soutomerille, concello de Castroverde, Lugo. Forma parte xunto coa Casa-torre de Abaixo da Casa-torre de Soutomerille. Foi reconstruída no ano 1590 por Bertomeu López Pallín e a súa dona Inés López da Barreira. Conserva tres saeteiras e ten acceso a través dun arco de medio punto. Foi declarado Ben de Interese Cultural na categoría de monumento o 17 de outubro de 1994.