arruxia
arruxia
(
s
f
Técnica de obtención de ouro empregada polos galaicos antes da conquista romana, que perdurou durante o Imperio co nome de ruina montium. Consistía en derrubar, mediante o emprego da forza hidráulica, grandes masas de terra que se lavaban ata conseguir a decantación do ouro. Este proceso extractivo era unicamente efectivo en depósitos minerais secundarios (de aluvión); as Médulas son un bo exemplo deste tipo de minería galaico-romana.