Arte Galicia

Arte Galicia
[PUBLIC]

Revista trimestral gratuíta aparecida en xaneiro de 1979 e subtitulada “Revista de Información de las Artes Plásticas en Galicia”. Fundada e dirixida por Carlos Barcón Collazo, colaboraron nela: Fernando Mon, Carlos G. Bayón, Xosé Filgueira Valverde, Gonzalo Torrente Ballester, Xavier Costa Clavell, Siro López, Mario Costa Clavell, Pilar Corredoira, Remixio Nieto e Laureano Álvarez. Editada pola SAF (Asociación Artistas de Ferrol), contén entrevistas, comentarios sobre exposicións, concursos amais numerosas fotografías. A propia revista participou en 1982 na I Feria Internacional de Arte Contemporáneo (ARCO) e organizou en 1986 a I Exposición Internacional de Revistas de Arte. Xa en 1994, outorgóuselle a copa de honra á mellor promoción de arte Ránking Internacional de Prestigio en Madrid.