artefacto

artefacto

(

  1. s m

    Obxecto producido pola acción do home, en xeral os aparellos, as máquinas e outros dispositivos calquera.

    Ex: Artefacto explosivo.

    Sinónimos: aparato.
  2. [ARQUEOL]
    1. s m

      Calquera obxecto moble realizado, utilizado ou modificado polos seres humanos; neste sentido son artefactos os útiles líticos, a cerámica ou as pezas elaboradas en metal. Cando un obxecto só está utilizado, pero sen trasformar os seus atributos naturais, émpregase tamén o termo manuporte.

    2. artefacto-tipo

      Todo artefacto seleccionado para servir de estándar dunha mesma clase.

  3. s m [BIOL]

    Alteración producida nas preparacións microscópicas dun tecido natural por mor dos procesos preparatorios (inclusión, corte, tinxido, etc) previos á observación, polo que non ten significación patolóxica.

Palabras veciñas

Arte Galicia | Arte y Sport | Arteaga, Esteban de | artefacto | Artego | arteiro -ra | Arteixo