ascética

ascética
s f [RELIX]

Parte da Teoloxía que estudia os fundamentos bíblicos e a práctica do ascetismo cristián con vistas ao exercicio persoal das virtudes. Como disciplina autónoma aparece no s XVII pero os primeiros autores que lle deron fundamentos teóricos foron Clemente de Alexandría e Oríxenes (s III). Durante toda a historia do Cristianismo apareceron numerosos tratados ascéticos como as Conferencias de Casiano a Imitación de Cristo, os Exercicios espirituais de Ignacio de Loyola e a Introdución á vida devota de Francisco de Sales.

Palabras veciñas

ascese | asceta | asceterio | ascética | asceticismo | ascético -ca | ascetismo