asclepiadáceo -a

asclepiadáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á familia das asclepiadáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das asclepiadáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas integrada por uns 250 xéneros que abrangue unhas 1.900 especies de herbas perennes ou arbustos. Presentan follas sinxelas e opostas xunto con flores hermafroditas, actinomorfas e pentámeras. Atópanse principalmente nas áreas tropical e subtropical.

Palabras veciñas

ASCII | ascite | ascíxero -ra | asclepiadáceo -a | asclepíade | 1 asclepiadeo | 2 asclepiadeo -a