ascite

ascite

(< lat ascite < gr ἀσκίτις< ἄσκος‘odre’)

  1. s f [PAT]

    Acumulación de líquido na cavidade peritoneal que, se é suficientemente abundante, determina unha inchazón do abdome. Xeralmente, o líquido provén dos vasos sanguíneos e prodúcese por un ou por máis dos tres mecanismos seguintes: aumento da permeabilidade dos capilares do peritoneo, aumento da presión hidrostática dos capilares do fígado e diminución da presión coloidosmótica do plasma. A análise da composición do líquido é importante con vistas ao diagnóstico do mecanismo de produción das doenzas causais.

  2. ascite biliar [PAT]

    Presencia de bile no peritoneo por lesión das vías biliares.

  3. ascite hemorráxica [PAT]

    Presencia de sangue na ascite.

  4. ascite infectada [PAT]

    Infección da ascite; o líquido é rico en leucocitos polimorfonucleares.

  5. ascite pancreática [PAT]

    Ascite debida a doenzas pancreáticas. Caracterízase polo seu elevado contido de amilasas.

  6. ascite quilosa [PAT]

    Ascite formada por líquido quiloso, abundante en lípidos.

  7. ascite urinaria [PAT]

    Presencia de ouriños na cavidade peritoneal, por determinadas lesións do ril ou das vías urinarias.

Palabras veciñas

ascidio | ascidiozooide | ASCII | ascite | ascíxero -ra | asclepiadáceo -a | asclepíade