ascidio
ascidio
(< gr ἀσκίδιον‘fol pequeno’)
s
m
[BOT]
Órgano dixestivo propio dalgunhas plantas insectívoras (Nepenthes, Sarracenia, etc) que consiste nunha folla transformada, na súa totalidade ou só no pecíolo, nun recipiente máis ou menos cóncavo ou tubular. Este recipiente contén o suco dixestivo, secretado por unhas glándulas especiais, empregado para dixerir os insectos que caen nel.