ASCII

ASCII
[INFORM]

Código Estándar Americano para o Intercambio de Información empregado acotío por todos os ordenadores e que serve para representar todas as letras maiúsculas e minúsculas do alfabeto latino, así como os números e outros signos como os de puntuación, acentuación, etc. Existen 128 códigos estándar ASCII e cada un deles pode ser representado por un número binario de 7 díxitos, de 0000000 a 1111111. Os arquivos que só conteñen texto son chamados arquivos de texto ASCII, unha opción bastante empregada na Internet. Co tempo, desenvolveuse a chamada ASCII art, na que usando só caracteres ASCII se crearon símbolos como os smileys.