ascomicotina
ascomicotina
(
s
f
[FUNGO]
Subdivisión de fungos caracterizados por producir esporas sexuais no interior dunha célula denominada asco. É frecuente a composición de formas de resistencia, ou esclerocios, moitas veces asociada á perda da capacidade da reprodución sexual. Os fungos poden ter un micelio ramificado e de membrana quitinosa, presentarse como células ailladas ou células agrupadas en colonias. Aínda que os ascocarpos poden estar ausentes ou ser moi pequenos, tamén poden acadar un tamaño considerable e ter interese culinario, como é o caso das trufas, os orellanzos e as pantorras. A subdivisión ascomicotina engloba as clases dos acarpoascomicetos, himenoascomicetos, laboulbeniomicetos e plectomicetos.