ascón
ascón
(
s
m
[ZOOL]
Tipo de organización dalgunhas esponxas -as máis simples-, caracterizado polo feito de teren o corpo en forma de saco, aberto ao exterior por un ósculo, cunha cavidade denominada espongocele, tapizada por coanocitos. A auga entra no espongocele por numerosos poros, perforados nunhas células especiais denominadas porocitos, e sae polo ósculo.